Entregados os premios desta edición 2023

Onte venres, 15 de setembro, procedeuse á entrega de premios da VIII edición do concurso de fotografía organizado polo Concello da Capela co patrocinio da Deputación da Coruña, no que Fernando González, de Valdoviño, coa fotografía «Caaveiro, o gato e a vía láctea» conseguiu alzarse co primeiro premio.

¿Queres coñecer ao xurado do consurso?

O concurso do VIII Concurso de Fotografía Concello da Capela estivo integrado por 3 fotógrafos profesionais, un representante do concello da Capela, e un representante da empresa coordinadora.

Aberta a visualización das fotografías participantes nesta edición 2023

Unha vez realizada a valoración por parte do xurado do concurso, fanse públicas as fotografías participantes nesta VIII edición do concurso de fotografía concello da Capela, unha vez descartadas aquelas que incumplían as bases do certáme.