O xurado desta oitava edición do certame estivo formado por 1 representante do concello daA Capela, 3 fotógrafos profesionais, e 1 representante da empresa organizadora.
Estos son seus integrantes:
Emilio Riobó
Concellal do concello da Capela
Edu Pereira (https://edupereira.net)
Fotógrafo profesional.
Premios e recoñecementos:
- Premio Goya Libre Creación (2022)
- Colección de Honor da Fepfi (Federación de Fotógrafos Profesionales de España), (2021)
- Fotógrafo profesional do ano na modalidade de retrato, da Fepfi (Federación de Fotógrafos Profesionales de España), (2020)
- 4 nominaciones ao Goya de Fotografía
- Nominación ao Premio Internacional de la Imagen Luces de Granada (2019)
- Quíntuple nominación Premio Nacional Quijote (2019)
- 4 nominaciones aos Premios Nacionales Quijote de Fotografía (2018)
- Insignia de Oro de la ciudad de Ferrol al Mérito Cultural (2017)
- Ademáis de varios premios e nominacións máis, a nivel nacional e internacional, como a Medalla de Plata no campeonato do mundo WPE fotomanipulation
Fran Nieto (https://frannieto.es)
Fotógrafo profesional.
Especializado en macrofotografía e paisaxe, ainda que practica todas as especialidades relacionadas coa fotografía: nocturna, rúa, arquitectónica, produto, retrato, alta velocidade…
- Membro fundador de Internacional Wildlife Photography Society
- Membro fundador da sociedade Fotografía y Biodiversidad
Premios e recoñecementos:
Ten máis de 40 premios de fotografía, destacando:
- Primeiro premio do Concurso Internacional de Colmenar Viejo
- Concurso Internacional de “La Semana de la Cigüeña” de Plasencia
- Primeiro premio á mellor reportaxe da cidade de Ferrol
- Catro segundos premios no Concurso Internacional de Naturaleza do Ateneo Ferrolán.
- Finalista en varias ocasións no concurso BBC Wildlife.
- Ganador do concurso de Montbarbat á mellor serie.
- Premio Galen Rowel á mellor fotografía de paisaxe.
- Autor de varios libros sobre técnica fotográfica.
Julio Castro (https://juliocastrofotografia.com/)
Fotógrafo profesional.
Julio Castro é un fotógrafo de paisaxe profesional de A Coruña, España. Desde sempre sinte unha grande afición pola natureza, o sendeirismo e sobre todo a astronomía, o que salta á vista por sua gran paixón pola fotografía nocturna.
A súa incursión no mundo da fotografía non chegou ata o ano 2015, por mor dunha viaxe pola costa oeste de Estados Unidos onde quedou marabillado polas paisaxes que visitou, e vendo que as fotos que sacara non reflectían o que vivira e sentira durante a viaxe, decidiu a penetrarse no mundo fotográfico.
Despois de facer varios cursos e aprender dalgúns dos maiores mestres de fotografía de paisaxe de España, na actualidade realiza viaxes por todo o mundo para realizar fotografías que permitan mostrar toda a beleza do noso planeta.
Premios e recoñecementos:
As súas fotos foron premiadas en máis de 200 concursos, destacando algúns dos maiores certames fotográficos do mundo como o Sony World Photography Awards, Siena International Photo Awards, International Photo Awards, Trierenberg Super Circuit, Epson Pano Awards, Memorial María Luisa e moitos outros.
Así mesmo, as súas fotos foron publicadas en revistas e medios de todo o mundo como a Revista de fotógrafo Nocturno, Revista Phot, Revista a Mirada dos Fotógrafos, Revista Super Foto Dixital, galería 1x, Petapixel, Forbes, xataka foto e moitos outros.
Víctor Caneiro
Xerente e director de proxectos de Total Eventi 2015 SL