Informamos que estamos recibindo bastantes fotografías de lugares que é imposible recoñecer como que pertenezan ao concello da Capela.

A temática do concurso establece ben claramente que para premiar unha fotografía, aparte dos requisitos técnicos, esta ten que poñer «en valor o seu atractivo turístico (do concello da Capela), co fin de promover as visitas a este Concello». Evidentemente, unhas fotos dunhas follas, dunha rama, ou dunhas pedras nun pequeno tramo de río, dun zapato nun pequeno pedazo de chan…sin máis contexto, non poden identificarse con ningún municipio concreto, e dende logo, non supoñen identificativo turístico algún da Capela.

Lamentándoo moito, estamos descalificando xa estas fotografías.

Pensamos que o premio merece un mínimo de esforzo.

Grazas.

Deja una respuesta