Onte venres, 15 de setembro, procedeuse á entrega de premios da VIII edición do concurso de fotografía organizado polo Concello da Capela co patrocinio da Deputación da Coruña, no que Fernando González, de Valdoviño, coa fotografía «Caaveiro, o gato e a vía láctea» conseguiu alzarse co primeiro premio.
Mónica Vila, de Vilanova de Arousa, e José Luis Morán, de Sada, conseguiron facerse co segundo e terceiro premio respectivamente.

Agradecemos a ampla participación que, un ano máis, fai que este certame se vaia consolidando como un dos máis importantes da provincia da Coruña.
Agradecer especialmente o traballo e profesionalidade dos membros do xurado, que contribúen de forma notable a dotalo de prestixio e recoñecemento.

Na imaxe, o alcalde, Manuel Meizoso, e o concellal, Emilio Riobó, acompañados dos premiados

Deja una respuesta